O vindeiro 9 de novembro celebrarase en Vigo, organizada polo IVI Vigo, unha xornada sobre enfermidades raras e reprodución asistida na que participará o Dr. José Ramón Lorenzo, dentro do apartado das distrofias musculares. Na xornada tratarase un apartado de asesoramento xenetico e a prevención de transmisión de EERR, así como Diagnóstico Xenético pre-implantacional.
O curso é presencial e está destinado a Biólogos, Especialistas en Medicina da Reprodución, Xenetistas, Gineco- obstetras e Médicos.
As inscricións poden realizarse a través da seguinte ligazón ou enviando un e-mail a Sandra.miguelez@ivirma.com indicando nome completo, DNI e enderezo de correo electrónico.