ARTIGO 1º

A Asociación científica e cultural “Sociedade Galega de Neuroloxía” é unha Asociación sin ánimo de lucro, de carácter xeral non sometida a réxime asociativo específico, con personalidade xurídica e capacidade de obrar, cuio obxecto exclusivo será promover o desenrolo das Neurociencias, o estudio, prevención e tratamento das enfermidades neurolóxicas e dos aspectos sociais das mesmas. A Asociación rexirase polos presentes Estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, Reguladora do Dereito de Asociación e pola demáis lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.

ARTIGO 2º

Son fins principáis da Asociación:

a) Promover o avance no estudio das enfermidades neurolóxicas, do seu tratamento e prevención, tanto nos aspectos científicos da Mediciña como nos aspectos sociais

b) Promover o estudio das necesidades da atención neurolóxica en Galicia, facilitándolle á Administración o resultado dos seus estudios.

c) Colaborar coa Administración no estudio e promoción da mellora das condicións de desenrolo das actividades profesionais dos neurólogos galegos nos diversos aspectos que abrangue esta actividade.

ARTIGO 3º

Para a consecución dos seus fins a Asociación organizará as seguintes actividades:

a) Relacionadas coa promoción e realización de actividades de investigación no ámbito das Neurociencias, e de investigación básica, clínica e epidemiolóxica.

b) Relacionadas coa divulgación dos aspectos sociosanitarios das enfermidades neurolóxicas.

c) Relacionadas co estudio das necesidades asistenciáis da nosa Comunidade, en colaboración coa Administración Sanitaria.

Como Asociación sen ánimo de lucro, destinarase á consecución dos fins asociativos, polo menos, o setenta por cento das rendas netas e doutros ingresos que se obteñan por calquera concepto, agás as aportacións efectuadas en concepto de dotación patrimonial. Os asociados e os seus familiares non poderán ser os destinatarios principais dos ingresos xeradas polas actividades realizadas pola Asociación.

ARTIGO 4º

A Asociación en función dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, realizará principalmente as súas actividades nun ámbito territorial que abranguerá a Comunidade Autónoma de Galicia.

ARTIGO 5º

O domicilio social fíxase no Colexio Oficial de Médicos de Santiago de Compostela, Rúa San Pedro de Mezonzo, nº 39, Código Postal 15701, localidade de Santiago de Compostela, Provincia de A Coruña, tel. 981 134 185.

A Asociación poderá utilizar outros locales asociativos e/o direccions para notificacions adicionáis noutras localidades, mediante acordo da Asamblea Xeral, que terá atribucións para cambiar, tanto de domicilio como de locais, notificándollo ó Rexistro de Asociacións provincial ou autonómico, segundo seu ámbito.

Poderá asemesmo utilizar a estos efectos o enderezo electrónico secretaria@neuroloxia.com

ARTIGO 6º

Primeiro.- Esta Asociación ten unha duración indefinida e só se disolverá, conforme a estos estatutos, pola vontade dos asociados, expresada en Asamblea Xeral extraordinaria, por resolución xudicial ou polas causas previstas na lexislación vixente.

Segundo.- Esta Asociación rexiráse dacordo cos principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do Ordenamento Xurídico.

ARTIGO 7º

Primeiro.- Poderán integrarse na Asociación todas aquelas persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar, e no caso das persoas xurídicas, tras o acordo do órgano competente da persona xurídica. En ambos casos hanse de reunir os seguintes requisitos:

a) Título de especialista en Neuroloxía

Segundo.- O número de socios será ilimitado, nembargantes a Xunta Directiva poderá suspender a admisión de novos socios cando así o esixan razóns de aforo, de capacidade física das instalacións ou a boa marcha da Asociación.

Terceiro.- Os socios podrán ser: numerarios, agregados, adheridos e de honor.

ARTIGO 8º

Primeiro.- Serán socios numerarios todas as persoas que, sendo refrendada a sua candidatura por dous socios no pleno exercicio dos seus dereitos, o soliciten á Xunta directiva por escrito. A solicitude conterá a data da mesma, o nome e apelidos, domicilio e DNI do solicitante, os motivos polos que desexa integrarse na asociación e unha declaración de que coñece os estatutos e se compromete a respetalos xunto cos acordos válidamente adoitados polos órganos directivos da Asociación. Para ser socio numerario requirese:

a) Título de especialista en Neuroloxía

Para ser socio agregado requirese:

a) Acreditar estar en periodo de formación na especialidade de Neuroloxía nos Centros Hospitalarios con docencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Durante o seu periodo de formación podrán asistir ós actos que se organicen, participando nos eventos científicos, reunións e todas aquelas actividades que estén na liña formativa.

c) Terán dereito a asistir a Asamblea, con dereito a voz pero non a voto. Non pagarán cuota e ó término do periodo de formación optarán a socios numerarios previa solicitude.

Socios adheridos serán aqueles profesionais interesados na Neuroloxía, ou con especial relación coa especialidade, que así o soliciten á Xunta directiva e que sexan refrendados pola Asamblea mediante maioría simple.

a) Terán dereito a asistir a Asamblea, con dereito a voz pero non e a voto e pagarán cuota.
b) Non poderan formar parte da Xunta Directiva da sociedade nin da dos distintos grupos de traballo da mesma.

Serán socios honorarios aquelas persoas a quenes a Xunta de Goberno confira ista distinción, refrendada por maioría de dous tercios da Asamblea Xeral e podrán ter un posto preferente nos actos oficiais da Sociedade.

a) Os Socios Honorarios terán dereito a asistir a Asamblea, con dereito a voz e non pagarán cuota.
b) Aqueles que teñan o título de especialista en Neuroloxía terán ademais dereito a voto.
c) Non poderan formar parte da Xunta Directiva da sociedade nin da dos distintos grupos de traballo da mesma.

Segundo.- Para ser membro efectivo da Asociación será necesario estar ó corrente do pago das cuotas establecidas pola Asamblea Xeral.

ARTIGO 9º

A condición de asociado pérdese por:

a) A vontade libremente expresada polo asociado en escrito dirixido á Xunta Directiva. A Xunta Directiva, cando reciba a petición de baixa dun asociado, acordará a inscripción da mesma no libro de rexistro de asociados.

b) Por sanción disciplinaria adoitada conforme ó procedimento establecido.

c) A petición do 20% dos miembros, co acordo da Asamblea Xeral e por maioría de dous tercios dos asistentes.

d) Por impago de duas cuotas consecutivas. Neste caso a condición de socio recuperarase dende o momento no que se ingresen as cuotas adeudadas, e o autorice a Xunta Directiva.

e) Por falecemento.

ARTIGO 10º

Os socios de número terán os seguintes dereitos:

a) Contribuir ó cumplimento dos fins específicos da Asociación.

b) Velar para que a Asociación se axuste ó disposto no presente Estatuto e as suas normas de desenrolo.

c) Separarse libremente da Asociación, deixando de ser socio da mesma.

d) Coñecer as actividades da Asociación e examinar a sua documentación, previa petición razoada á Xunta Directiva, obrigándose a gardar a debida reserva sobre a mesma e o seu contido.

e) Expresar libremente as suas propostas e ideas nos debates da Asamblea Xeral.

f) Tomar parte nas Asambleas con voz e voto.

g) Os socios de número, podrán elexir e ser elexidos, na forma establecida nestos Estatutos, ós membros da Xunta Directiva.

h) Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.

i) Gozar de todalas vantaxes e beneficios que a Asociación poda obter.

j) Recurrir perante a Asamblea Xeral aqueles acordos que estimen lesivos dacordo co procedemento establecido.

k) Todos os socios terán dereito a disfrutar dos servicios e instalacións sociais da Asociación, nos termos establecidos, no seu caso, na normativa que regule a sua utilización.

l) Que se lle poña de manifesto o estado de contas, ingresos e gastos da Asociación todos os anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.

ARTIGO 11º

Son obrigas dos socios de número:

a) Respetar os presentes estatutos e os acordos válidamente adoitados polos órganos directivos da Asociación.

b) Desempeñar os cargos para os que foran elexidos.

c) Abonar as cuotas que establezca a Asamblea Xeral.

d) Contribuir ó sostemento e difusión das actividades e fins desta Asociación.

e) Observar unha boa conducta individual e cívica.

f) Cumprir os acordos da Asamblea Xeral e o contido dos estatutos

g) Asistir ás Asambleas Xerais e a cantos actos e concentracións sexan convocados pola Asociación.

ARTIGO 12º

Son órganos de representación e goberno desta Asociación, o Presidente, a Xunta directiva e a Asamblea xeral.

ARTIGO 13º

A Asamblea Xeral é o órgano supremo de Goberno. Estará integrada por todos os asociados e os seus acordos adoptaranse democráticamente.

ARTIGO 14º

Primeiro.- A Asamblea Xeral podrá ser convocada en sesións ordinarias e extraordinarias.

Segundo.- A Asamblea Xeral Ordinaria será convocada como mínimo unha vez ó ano.

Terceiro.- A Asamblea Xeral Extraordinaria será convocada por acordo da Xunta Directiva cantas veces o xulgue necesario. En todo caso a xunta Directiva estará obrigada a convocar á Asamblea Xeral Extraordinaria cando así o soliciten en número igual ou superior ó dez por cento dos asociados que esten no pleno exercicio dos seus dereitos como tales dacordo con estes estatutos e as normas que, no seu caso, os desenrolen. Dita solicitude realizaráse por escrito e estará asinada por todos os solicitantes con indicación do seu nome, apelidos e DNI.

Cuarto.- A convocatoria, tanto de sesións ordinarias como extraordinarias, farase por escrito e, na mesma expresaránse o lugar, data e hora en que terá lugar a reunión en primeira e segunda convocatoria e os asuntos a tratar na mesma.

Quinto.- A convocatoria da Asamblea Xeral e a orde do día da mesma será exposta no taboleiro de anuncios dos locais da Asociación e/o paxina web, con a lo menos 15 días de antelación á data de celebración da sesión. A convocatoria e a orde do día tamén poderá ser comunicada ós asociados por correo ordinario e/o correo electrónico, sendo válida, en todo caso a simple convocatoria escrita colocada no taboleiro de anuncios e/o paxina web.

Sexto.- A Asamblea Xeral ordinaria reuniráse necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada ano. Tanto a Asamblea ordinaria como extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a Presidente/a da Xunta Directiva.

ARTIGO 15º

Primeiro.- As Asambleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, quedarán válidamente constituidas en primeira convocatoria cando concorran a ela, agás a mitade máis un dos asociados presentes ou por representación e en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asociados, transcorrida media hora dende o horario fixado para o comenzo da sesión en primera convocatoria. Entre a data da convocatoria e o día sinalado para sua celebración haberán de mediar como mínimo, quince días naturais.

Segundo.- A Asamblea Xeral Ordinaria será presidida e moderada por unha mesa constituida polo Presidente, o Secretario e a lo menos dous vocais da Xunta Directiva. Cando por calquera motivo non sexa posible constituir a mesa na forma establecida, formarase co membro de maior idade e o máis xoven de entre os asociados presentes na reunión. Este último realizará as funcións de Secretario para esta ocasión no suposto de ausencia do da Asociación. O secretario suplente levantará acta da Asamblea, que asinarán todos os compoñentes da mesa.

A Asamblea Xeral Extraordinaria nunca podrá celebrarse sen a presencia do Presidente desta Asociación, que en todo caso dirixiraa.

Terceiro.- As reunións da Asamblea Xeral darán comenzo ca lectura polo Secretario da acta da reunión anterior. Posteriormente tomará a palabra o Presidente que someterá dita acta a votación pola Asamblea. Seguidamente o Presidente, ou persoa que éste designe, expoñerá e desenrolará o resto dos puntos da orde do día, sometendo os logo á consideración e voto da Asamblea.

ARTIGO 16º

Primeiro.- Os acordos da Asamblea Xeral serán adoitados polo voto favorable da maioría simple dos asociados presentes.

Segundo.- Se exclúen do anterior os acordos relativos a disposición ou enaxenación de bens, nombramento da Xunta directiva, modificación dos Estatutos, votación de expedientes disciplinarios e adquisición de bens cuxo importe supere o dez por cento do patrimonio da Asociación, para os cales será preciso o voto favorable de polo menos os dous tercios dos asociados.

Terceiro.- Os acordos da Asamblea Xeral podrán ser impugnados perante a Xurisdicción competente.

ARTIGO 17º

Son competencias da Asamblea Xeral Ordinaria as seguintes:

a) Aprobar a acta da reunión anterior.

b) Aprobar o plan de actividades.

c) Examinar e aprobar a memoria de actividades.

d) Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.

e) Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.

f) Exame e aprobación das cotas.

ARTIGO 18º

Son competencia da Asamblea Xeral Extraordinaria:

a) A modificación de Estatutos.

b) A elección e cese dos membros da Xunta Directiva

c) A constitución ou integración da Asociación en Federacións.

d) A expulsión de asociados, sin prexuizo das competencias que para a instrucción do expediente disciplinario correspondan á Xunta Directiva

e) A aprobación da enaxenación de bens, tomar diñeiro a préstamo, emisión de títulos representativos de deuda ou de parte alícuota patrimonial.

f) A ratificación dos acordos que se adoiten polas Federacións e Asociacións nas que estea integrada a Asociación.

g) Acordar a disolución da Asociación.

h) Designar os/as liquidadores/as

i) Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación.

j) Coñecer dos recursos que se interpoñan contra os acordos adoitados pola Xunta Directiva, na forma establecida no Capítulo correspondente destes estatutos e, no seu caso, demáis normas de desenrolo.

k) As que sendo competencia da Asamblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou neceside, non poidan espera-la súa convocatoria, sen grave perxuizo para a Asociación.

l) Todas as non conferidas expresamente á Asamblea Xeral Ordinaria ou a Xunta directiva.

ARTIGO 19º

Primeiro.- A Xunta Directiva é o órgano rector da Asociación. A sua actuación estará supeditada a Lei, os presentes Estatutos e os acordos válidamente adoitados pola Asamblea Xeral.

A Xunta Directiva terá un mandato de catro anos e será elexida de entre os membros numerarios da Asociación de acordo co establecido nestes Estatutos. En todo caso, estará integrada por: un Presidente, Vicepresidente, Secretario/a, Tesoreiro/a e dous vocais.

Segundo.- O Presidente da Xunta Directiva e, no seu defecto, aqueles outros membros da mesma nos que delegue o Presidente por escrito, ostentarán a representación legal da Asociación, actuarán en nome da Asociación e estarán obrigados a executar os acordos válidamente adoitados pola Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.

Terceiro.- Corresponderán á Xunta Directiva as seguintes atribucións: Dirixir as actuacions desta Asociación e executar os acordos da Asamblea Xeral.

a) Manter a orden e disciplina na Asociación, así como nas actividades que se organicen.

b) Convocar, por medio do seu Presidente, á Xunta directiva e á Asamblea Xeral cando o estime necesario, cumprindo os acordos e decisións da mesma.

c) Elaborar e someter á Asamblea Xeral os presupostos anuais da Asociación.

d) Elaborar e someter á Asamblea Xeral a memoria de contas e xestión.

e) Coñecer das solicitudes de ingreso de novos asociados e resolver sobre a sua admisión.

f) Convocar á Asamblea Xeral en sesións tanto ordinarias como extraordinarias nos térmos previstos nestes estatutos.

g) Elaborar a orde do día das reunións da Asamblea Xeral

h) Convocar eleccións á Xunta directiva.

i) Crear comisións e grupos de traballo

j) Resolver os procedimentos disciplinarios que se incoen

k) Formular inventario e balance anual, así como redactar a memoria anual da Asociación e, en xeral, aplicar todas as medidas económicas e administrativas precisas para o fomento e desenrolo das actividades que foran aprobadas na Xunta.

l) Aquelas que non veñan expresamente atribuidas á Asamblea Xeral.

Cuarto.- Os membros da Xunta Directiva deberán gozar da condición de socios e estar ó corrente no pago das cotas. No poderán ser membros da Xunta Directiva aqueles que houberan sido sancioados pola comisión de faltas moi graves ou graves ata tanto non se encontren rehabilitados. Para ser Presidente da Asociación será requisito ser membro fundador ou ter una antigüedade na Asociación de dous ou máis anos.

Quinto.- Os cargos que componen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen prexuizo do dereito a seran reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e haberán carecer de interese económico nos resultados da actividade, por si mesmos ou por persoa interposta.

Os cargos elexiranse pola Asamblea Xeral e durarán un periodo de catro anos, aínda que poden ser obxecto de reelección.

Os cargos cesarán na súa función por pasamento, renuncia voluntaria, e por transcorrer o prazo para o que foron elexidos. A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senón que deberáse facer un efectivo transpaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor ou ben esperar ata que a Xunta Directiva nomee temporalmente a un substituto se se trata de renuncia voluntaria.

ARTIGO 20º

Primeiro.- A Xunta Directiva será convocada por seu Presidente con dos días de antelación como mínimo, a data da celebración.

Segundo.- A Xunta Directiva quedará tamen válidamente constituida cando estén presentes todos os seus membros, anque non houbera mediado convocatoria previa, sempre que exista delegación expresa do Presidente o se houbera producido seu falecemento.

ARTIGO 21º

Primeiro.- Os membros da Xunta Directiva haberán de ser elexidos pola Asamblea Xeral en sesión extraordinaria, convocada pola Xunta Directiva sainte con tres meses de antelación á expiración do seu mandato.

Segundo.- Dentro dos trinta días seguintes á resolución na que se acorde convocar a Asamblea Xeral Extraordinaria os asociados que reúnan os requisitos establecidos nestes Estatutos poderán presentarse como candidatos.

As candidaturas estarán integradas por un mínimo de nove asociados, dos cales o que figura en primeiro término será o Presidente, os tres últimos irán como suplentes; e o resto dos cargos serán decisión do candidato a Presidente máis votado determinar a quén lle corresponden dentro da sua candidatura. As candidaturas presentaránse por escrito ante a Xunta Directiva e conterá o nome e apelidos dos candidatos. Os asociados só poderán figurar simultáneamente nunha candidatura.

Tercero.- Dentro dos tres días seguintes á finalización do prazo indicado no apartado anterior, a Xunta Directiva declarará pechado o período de presentación de candidaturas e acordará informar por correo postal e/o electrónico ós socios numerarios, das que se houberan presentado para que, quen tivera interés, alegue no térmo de quince días o que estime convinte sobre a idoneidade dos candidatos. As alegacións só poderán fundarse no incumprimento polos candidatos dos requisitos establecidos nestes estatutos. As candidaturas poderan ser asimesmo publicadas no apartado privado de socios da páxina web.

Transcorrido o devandito prazo resolveranse pola Xunta Directiva, nos dous días seguintes e sen ulterior recurso, cantas alegacións se houberan formulado.

Cando non se presenten alegacións ou as presentadas sexan desestimadas, a Xunta Directiva aprobará as candidaturas e declarará aberta a campaña electoral que se extenderá ata o día anterior ó de celebración da sesión extraordinaria da Asamblea Xeral.

Durante a campaña electoral os candidatos poderán expoñer e difundir os seus programas de xestión entre os asociados. Si se admitira algunha ou algunhas das alegacións presentadas a Xunta Directiva acordará apartar das eleccións ós candidatos afectados sustituindoos polos que aparezan como suplentes na candidatura pola que aqueles se presenten e na orde na que éstes se encontren e mandará publicar no taboleiro de anuncios a nova candidatura.

No caso de apartarse das eleccións o candidato que ocupe o número un da candidatura isto suporá automáticamente a retirada da devandita candidatura, que poderá presentarse novamente cun novo candidato no prazo de resolución do recurso establecido no párrafo seguinte.

Ós candidatos afectados pola resolución notificaráselles a mesma persoalmente e poderán recurrila, no prazo de dous días seguintes ó da sua notificación, ante a comisión electoral que resolverá nun prazo de dous días seguintes á interposición do recurso. A interposición deste recurso deixará en suspenso o acordo da Xunta Directiva durante o prazo de resolución, de non producirse ésta continuaráse co proceso electoral levantándose a suspensión, sendo responsables da sua inactuación os membros da comisión electoral.

Cuarto.- Si transcurrido o período ó que se refire o apartado segundo de este artigo non se houbera presentado ningunha candidatura, ou as presentadas houberanse retirado, acordarase pola Xunta Directiva a apertura dun novo periodo de 10 días, finalizado o cal seguiránse os trámites establecidos no apartado anterior.

Si neste segundo período tampouco se presentara candidatura algunha prorrogaráse o mandato da Xunta Directiva por seis meses, agotados os cales convocaránse eleccións de acordo co establecido nos párrafos anteriores.

Si tampouco nesta segunda convocatoria se presentaran candidaturas convocaráse á Asamblea Xeral Extraordinaria e poderán ser elexibles todos os asociados. A Xunta Directiva formaráse polos seis asociados máis votados. De éstes será elexido Presidente o que máis votos obtuvera e será éste quen desiñe, entre os outros cinco máis votados, ó Secretario/a e ó Tesoreiro/a. En caso de empate será Presidente o de maior idade.

Quinto.- O día de celebración da Asamblea Xeral a Xunta Directiva proporcionará ós asociados que concorran, papeletas nas que figuren as distintas candidaturas que se presenten ás eleccións.

As papeletas depositaránse nunha urna. O voto será secreto e cada asociado so poderá votar unha candidatura.

Finada a elección farase reconto das papeletas e proclamaráse a candidatura vencedora, facéndose constar na acta que levante o Secretario, o número de votos obtidos por cada unha das candidaturas que se houberan presentado ás eleccións. A acta será asinada por todos os que formen a mesa de acordo co disposto nestes estatutos en relación á constitución da Asamblea Xeral.

Sexto.- As vacantes que poideran producirse na Xunta Directiva durante o seu mandato serán cubertas polos suplentes da candidatura que obtivera maior número de votos e pola orde en que aparezan naquela. Cando se den as circunstancias previstas no apartado cuarto deste artigo, consideraránse suplentes ós tres asociados que sigan en número de votos ó último vocal elexido. Sétimo.- Cando, pese ó disposto no apartado anterior, a Xunta Directiva quedase con menos de seis membros, convocará elecciones con arreglo ó disposto neste artigo.

ARTIGO 22º

A Xunta Directiva adoitará os seus acordos polo voto favorable da maioría simple dos seus membros. En caso de empate decide con voto de calidade o Presidente.

ARTIGO 23º

O Presidente ostenta a representación legal da mesma, actúa no seu nome, e executará os acordos que adoiten, tanto a Asamblea Xeral como a Xunta Directiva. Participará nas reunións da Asamblea Xeral na forma determinada nestes Estatutos. Tamén participará, presidíndoas, con voz e voto, nas reunións da Xunta Directiva. Atribuense ó Presidente todas aquelas funcións que non veñan expresamente atribuidas nos Estatutos a outro membro da Xunta Directiva, entre elas, a de cubrir as vacantes que se produzan entre os seus membros na forma establecida nestes Estatutos.

En caso de enfermidade grave, falecimento ou sempre que o considere oportuno, poderá delegar a representación, as suas atribucións, dereitos e obrigas, por escrito no membro da Xunta Directiva que considere máis adecuada.

ARTIGO 24º

Primeiro.- O Tesoreiro asistirá ás reunións da Xunta Directiva con voz e voto, terá encomendada a xestión económica da Asociación con escrupuloso respeto ós presupostos anuais aprobados pola Asamblea Xeral. Será o encargado de recaudar as cotas, será o depositario da Asociación, asinará os recibos e autorizará, ca orde do Presidente, os pagos e levará libros de contabilidade de acordo ca lexislación vixente.

Segundo.- Será obligación do Tesoreiro formalizar durante o primeiro mes de cada ano, un balance de situación e as contas de ingresos e gastos, que se porán en coñecemento de todos os asociados.

Terceiro.- As contas correntes, así como os demáis depósitos bancarios da Asociación, deben ser abertos polo Presidente e polo Tesoreiro, e será necesaria a firma de ambos para dispoñer de seus saldos.

Cuarto.- Cando o Tesoreiro se encontre impedido para desempeñar as suas funcions nombrarase entre os vocais a un que o sustituia.

ARTIGO 25º

Primeiro.- O Secretario da Xunta Directiva coidará do arquivo da documentación, Redactará cantos documentos afecten á marcha administrativa da Asociación e levará o libro de rexistro de Asociados e o libro de Actas. Terá, ademáis, as seguintes funcións:

a) Levantar acta das reunións da Xunta Directiva.

b) Levantar acta das reunións ordinarias como extraordinarias, da Asamblea.

c) Recibir as solicitudes de ingreso de novos asociados e someter á Xunta Directiva a sua aprobación.

d) Na levanza do libro de Asociados deberá facer constar nome, apelidos, profesión e domicilio, con especificación de aqueles que exerzan na Asociación cargos de administración, goberno ou representación. O Libro de Rexistro de Asociados expresará tamén as datas das altas e baixas e as tomas de posesión e cese nos referidos cargos.

Asi mesmo, consignará os asociados que houberan sido sancioados e a sanción que lles fora imposta, facendo constar a data de incoación do expediente sancionador e resolución firme pola que lles foi imposta. Transcorridos os prazos ós que se refire este Estatuto poná xunto ós datos anteriores, a expresión “cancelada”, asinando a continuación.

e) Na levanza dos libros de Actas consignará as reunións celebradas pola Asamblea Xeral e a Xunta Directiva, con expresión da fecha, asistentes ás mesmas, asuntos tratados e acordos adoitados. As actas serán suscritas polas persoas a que se refiren estes Estatutos, e en todo caso, polo Presidente e o Secretario. As actas das reunions das Xuntas Directivas terán de ser suscritas por todos os membros presentes.

f) Certificar e remitir ós asociados e ós organismos competentes que o soliciten, copia das actas das reunións e dos acordos adoitados nelas pola Asamblea Xeral ou pola Xunta Directiva.

g) Remitir á Administración competente a documentación legalmente esixida.

h) Dirixir a elaboración da memoria anual de xestión que, previa aprobación da Xunta Directiva, haberá de se someter á Asamblea Xeral Ordinaria.

i) Elaborar os modelos impresos para a solicitude de ingreso na Asociación, as papeletas para as eleccións ou aqueles outros que a Xunta Directiva ou o propio secretario estimen procedentes.

Segundo.- Cando o Secretario se encontre impedido para desempeñar as suas funcións o Presidente nomeará entre os vocais un que o sustitua.

ARTIGO 26º

Os vocais, que asistirán ás reunións da Xunta Directiva con voz e voto, terán as funcións que se determinen polo Presidente.

ARTIGO 27º

A Xunta Directiva reunirase sempre que a convoque o Presidente, por propia iniciativa ou a instancia de dous de seus membros. En cualquera caso, a Xunta Directiva haberá de reunirse como mínimo dúas veces ó ano. Para que a Xunta Directiva se encontre válidamente constituida será necesario que asistan á reunión, ademáis do Presidente e o Secretario ou, no seu caso quenes fagan as veces, outros dous membros da mesma.

ARTIGO 28º

Son causas de cese dos órganos de goberno:

a) Falecemento da persoa elexida.

b) Sanción disciplinaria, nos térmos recollidos no expediente tramitado.

c) Renuncia manifestada por escrito.

d) Cumplimento do prazo para o que fora elexido.

Nos supostos c) e d) o cese efectivo nunca poderá ser anterior ó efectivo traspaso de poderes que traia consecuencia de unha elección nos termos establecidos nestes estatutos, e será necesario facer entrega previa da documentación da Asociación.

ARTIGO 29º

Cando a Xunta Directiva acorde a realización dunha actividade acorde cos fins principais da Asociación, que así o requira, creará a Sección correspondente, que poderá ser afiliada ás Federacións, ou entidades, que proceda.

ARTIGO 30º

Cada sección ocuparase de todo o relativo á práctica da actividade correspondente baixo a coordinación e superior dirección da Xunta directiva.

ARTIGO 31º

Primeiro.- Serán impugnables ante a Asamblea Xeral, reunida en sesión extraordinaria, os acordos adoitados pola Xunta Directiva, cas excepcións seguintes:

a) Os acordos adoitados en materia electoral que só serán impugnables na forma establecida no artigo 21.

b) Os recollidos no artigo 19 dos estatutos

Segundo.- As resolucións e acordos que se adoiten en procedimentos disciplinarios, só serán impugnables perante a Asamblea Xeral nos termos dispostos nestes estatutos.

ARTIGO 32º

Os acordos ós que se refiere o artigo anterior só poderán ser impugnados por quenes ostenten a condición de socios e se encontren ó corrente no pago das cotas. Exceptúanse do anterior as resolucións polas que se desestimen as solicitudes de ingreso na Asociación.

ARTIGO 33º

Primeiro.- Os acordos ós que se refire o artigo 31 serán impugnables, a traveso do recurso que se establece neste artigo, dentro dos cinco días seguintes a sua adopción.

Segundo.- O recurso formalizaráse por escrito dirixido á Xunta Directiva. O escrito de formalización do recurso encabezarase cos nomes e apelidos dos recurrentes e conterá, en párrafos separados, a referencia ó acordo que se impugna e os motivos da impugnación. O escrito terminará ca solicitude de revocación ou modificación do acordo. En caso de que se solicite a modificación do acordo exporáse en que haberá de consistir a modificación e o texto íntegro do acordo alternativo que se somete á Asamblea para a sua aprobación. Os recurrentes designarán no escrito de formalización un domicilio a efectos de notificacións.

Terceiro.- Os recursos podrán estar suscritos por un ou mais asociados. Se exceptúan do anterior os recursos que se interpoñan para impugnar as resolucións polas que se desestimen as solicitudes de ingreso na asociación, para cal interposición só será necesario que figure a firma do interesado.

Cuarto.- Os recursos serán presentados ante o Secretario ou o vocal en quen se delegue este traballo. O Secretario consiñará no escrito do recurso a data de presentación e entregará ó recurrintes copia selada do mismo o certificación da sua presentación.

Quinto.- O Secretario trasladará o recurso á Xunta Directiva na primeira reunión que ésta celebre tras a presentación do recurso. A Xunta Directiva examinará si o recurso se acomoda ás formalidades contidas nos apartados anteriores e nos artigos anteriores.

Si o recurso se acomodara a ditas formalidades a Xunta Directiva acordará admitilo a trámite e introducirá o seu exame e votación na orde do día da primeira sesión extraordinaria que celebre a Asamblea Xeral tras a presentación do recurso.

Si o recurso carecera de algunha formalidade, inadmitiráse. Estes acordos serán comunicados ós recurrintes por correo certificado ó domicilio designado no escrito de formalización do recurso.

Sexto.- Contra o acordo de inadmisión os recurrintes poderán interpoñer recurso perante a Asamblea Xeral dacordo co disposto no presente artigo. Este recurso será admitido pola Xunta Directiva que introducirá o seu exame e votación na orde do día da primeira sesión extraordinaria que celebre a Asamblea Xeral, tras a presentación do recurso. Si a Asamblea Xeral admitira o recurso ó que se refire este apartado, examinará na mesma sesión o recurso inadmitido por la Xunta Directiva.

Sétimo.- Os acordos adoitados pola Xunta Directiva non se suspenderán pola interposición do recurso establecido neste artigo.

Oitavo.- En todo caso, os asociados poderán recorrir ó organismo xurisdiccional competente en relación cas cuestións derivadas do funcionamento interno da Asociación.

ARTIGO 34º

Primeiro.- So poderán ser castigadas as infraccións previstas nestes Estatutos. As sancións que correspondan a cada infracción serán impostas con arranxo ó procedemento que se acorde regulamentariamente.

Segundo.- As infraccións clasificanse en moi graves, graves e leves.

ARTIGO 35º

Constitúen infraccións moi graves:

a) A pertenencia simultánea a outras Asociaciones de fins opostos ó desta.

b) As agresións verbais ou físicas a outros membros da Asociación.

c) As declaracións públicas non autorizadas, facendo uso do nome da Asociación, ou permitindo que se confundan as opinións particulares cá vontade de todos os membros e da institución.

d) A comisión de máis de dous infraccións graves nun período de dous anos.

ARTIGO 36º

Constitúen infraccións graves:

a) A ofensa verbal a outro membro da asociación cando non constitúa infracción moi grave polo entorno e as condicións nas que se produce.

b) A perturbación grave do orden nas reunións da Asamblea Xeral. Considerarase, a efectos do aquí disposto, que perturba gravemente o orden da Asamblea Xeral, quen tras ser chamado á orden polo Presidente, persistan nunha actitude obstaculizadora do exercicio dos dereitos que estes Estatutos recoñecen ós asociados.

c) O impago de cotas.

d) O incumplimento das obligacions derivadas no momento do cese polos órganos directivos dacordo co artigo 28 destes estatutos.

ARTIGO 37º

Constitúen infraccións leves:

a) A perturbación do orden das reunións da Asamblea Xeral ou da Xunta Directiva cando non sexan constitutivas de infracción grave ou moi grave.

b) O incumplimento de cualquera das obrigas previstas nos Estatutos cando non sexan constitutivas de infracción grave ou moi grave.

c) O retraso no pago das cotas.

ARTIGO 38º

As infraccións moi graves serán sancioadas ca expulsión ou con suspensión da condición de asociado por un prazo de un a cinco anos, as graves con suspensión da condición de asociado por término de 32 días a un ano e as leves con suspensión da condición de asociado ata 31 días ou con amonestación ante a Asamblea Xeral.

ARTIGO 39º

As sancións gradaránse atendendo á gravidade do feito, á existencia de intencionalidade ou reiteración, tendo en conta os perxuizos causados e á vista da difusión e relevancia pública dos feitos.

ARTIGO 40º

Primeiro.- As infraccións moi graves prescriben ós dous anos de serén cometidas, as graves ó ano e as leves ós dous meses. Os prazos de prescripción interrumpiránse dende a data na que se dirixa o procedimento disciplinario contra o presunto infractor e volverán a correr dende que o procedimento quede paralizado por cualquera causa, salvo que ésta sexa imputable exclusivamente ó presunto infractor.

Segundo.- As sancións prescriben ós cinco anos cando consistan en expulsión da Asociación, ós dous anos cando consistan en suspensión da condición de asociado por tempo superior a un mes e ó ano nos demáis supostos.

ARTIGO 41º

A Asociación no momento de iniciar as suas actividades dispón dun patrimonio de 00,00 Euros. A Asociación funcionará en réximen de presuposto anual coincidindo o peche do exercicio económico co ano natural.

ARTIGO 42º

O Tesoreiro preparará o borrador do presuposto, debendo telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asamblea Xeral Ordinaria.

ARTIGO 43º

A Asociación mantense cos seguintes recursos:

a) Cotas periódicas de los asociados/as.

b) Cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asamblea.

c) As doacións ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.

d) Os ingresos que se poidan recibir polo desenrolo das actividades da Asociación.

e) Cualquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

ARTIGO 44º

As cotas ordinarias son aprobadas na Asamblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva non sendo reintegrables en ningún caso e adicándose a atende-las necesidades da Asociación.

ARTIGO 45º

Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os asociados os recursos obtidos pola Asociación.

ARTIGO 46º

Os presentes Estatutos, só poderán ser modificados, reformados ou derogados por acordo da Asamblea Extraordinaria convocada ó efecto, mediante votación favorable de dous tercios dos integrantes da mesma. A reforma destes Estatutos seguirá, con respecto ó Rexistro de Asociacións, os mesmos trámites administrativos que para a sua aprobación.

ARTIGO 47º

A Asociación disolverase polas seguintes causas:

a) Pola vontade dos asociados/as, acordado polas dous terceiras partes dos mesmos/as.

b) Por outra causas determinadas legalmente.

c) Por sentencia xudicial.

ARTIGO 48º

Acordada a disolución, a Asamblea Xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a Presidente e o/a Tesoreiro/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando debedas, cobrando créditos e fixando o haber liquido resultante.

ARTIGO 49º

O haber resultante unha vez feita a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa inscrida na Comunidade Autónoma e que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación. O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscripción da disolución da Asociación.