Trasladamos a invitación de ASPERGA aos membros da SGN:
O vindeiro sábado 2 de marzo, con motivo do 18 de febreiro, Día Internacional da Síndrome de Asperger, ASPERGA en colaboración coa Federación Autismo Galicia organizaremos un acto institucional e xornada: NEURODIVERSIDADE E NEURODIVERXENCIAS: Un cambio de paradigma para o Autismo, ademáis da PRESENTACIÓN DA REVISTA Maremágnum n27 “Un feliz viaxe pola vida”. É por iso, que queremos contar coa vosa participación neste evento
- Horario: 10:00 a 13:30
- Prazas: Limitadas e seguindo o orden de inscripción
- Prezo: gratuito
- Modalidade: Presencial, no Centro Sociocultural do Ensanche, Santiago de Compostela (nº 14-, R. de Frei Rosendo Salvado, 16, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña)
PODEDES ANOTARVOS NA SEGUINTE LIGAZÓN: https://forms.gle/cyG8tgpqn62P9sKL8
PROGRAMA:
Darase coa presentación da Revista Maremágnum: nº27, Unha feliz viaxe pola vida, a cal recolle artículos científicos elaborados por reconocidos especialistas relacionados co ámbito do TEA. Continuarase cunha introdución a xornada, centrándose no tema da Neurodiversidade e neurodiverxencias no autismo.
Posteriormente, CAMBIANDO O ENFOQUE do AUTISMO: Neurodiversidade en acción, onde se realizará un coloquio entre varias persoas que compartirán experiencias e contestarán preguntas.
Por último, procederase a presentación de dous proxectos para persoas autistas en primeira persoa: o “Grupo Croissant“, que é un taller grupal dirixido a adolescentes con TEA enfocado en fomentar a creación de grupos de apoio e amizade; e un “Grupo de persoas adultas diagnosticadas recentemente“, as cales compartirán os desafíos aos que se enfrontan e as súas vivencias comúns.
A NOVA NA NOSA PÁXINA WEB: https://asperga.org/dia-mundial-da-sindrome-de-asperger/