A Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) celebra o vindeiro 23 de novembro o ‘II Foro de Esclerose Múltiple #EMGalicia18’, no que colabora a Sociedade Galega de Neuroloxía. Podedes atopar nesta ligazón toda a información do evento e o formulario de inscripcions:
https://esclerosismultiplegalicia.org/ii_foro_esclerosis_multiple_galicia_es.html
A Dra. Camila Fraga González, membro da Sociedade Galega de Neuroloxía, impartirá o vindeiro 29 de novembro, no colexio de Médicos de Ourense, a sesión científica “Epidemioloxía da Esclerose Múltiple na cidade de Ourense”.
A conferencia está organizada pola academia medico cirúrxica de Ourense e será moderada polo Dr. Daniel García Estévez.
Iniciamos con esta as reunións conxuntas das diferentes sociedades neurolóxicas do norte de España. O obxectivo principal de fomentar a colaboración e interacción dos profesionais da neuroloxía do norte de España e manternos ao día nos avances de cada unha das patoloxías neurolóxicas.
Contamos neste camiño cos compañeiros neurólogos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, A Rioxa e Aragón e tamén de Castela-León. Así mesmo, convidaremos á reunión a farmacéuticos e a representantes das administracións autonómicas, actores importantes no tratamento das diferentes patoloxías neurolóxicas, alcanzando uns 100 participantes.
Nesta primeira etapa, trataremos con especial dedicación as enfermidades desmielinizantes, tratando o resto das patoloxías neurolóxicas nas seguintes reunións.
A primeira reunión celebrarase en Santiago de Compostela o 1 e 2 de febreiro de 2019 e, nela trataremos un resumo das comunicacións máis relevantes do ano previo así como un resumo do que se espera na EM o ano que entra.
Contamos co patrocinio dos laboratorios Almirall, Bayer, Biogen, Merck, Mylan, Novartis, Roche, Sanofi- Genzyme e Teva aos que agradecemos o seu apoio.