A nova Xunta Directiva, ademáis de continuar coas actividades iniciadas porla Xunta saínte, á que felicitan polo traballo realizado, ten como meta os seguintes obxectivos:

  • Manter e reforzar as relacións coa Consellería de Sanidad eco fin de representar ós neurólogos ante as institucións.
  • Establecer una liña de colaboración permanente coas distintas asociacións de pacientes en todos os aspectos que pidan ser de utilidade para a súa mellor atención e coidado.
  • Difundir a Neuroloxía plantexando charlas de interese social a través dos concellos e as asociación de pacientes.
  • Crear un mapa das patoloxías neurolóxicas más prevalentes en Galicia e con maior impacto social.
  • Orientar a páxina web da Sociedade Galega de Neuroloxía ó servizo do paciente e as súas familias
  • Iniciar a colaboración con outras sociedades afins co gallo de explorar obxectivos común que proporcionen un mellor servizo ó paciente.