Iniciamos con esta as reunións conxuntas das diferentes sociedades neurolóxicas do norte de España. O obxectivo principal de fomentar a colaboración e interacción dos profesionais da neuroloxía do norte de España e manternos ao día nos avances de cada unha das patoloxías neurolóxicas.
Contamos neste camiño cos compañeiros neurólogos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, A Rioxa e Aragón e tamén de Castela-León. Así mesmo, convidaremos á reunión a farmacéuticos e a representantes das administracións autonómicas, actores importantes no tratamento das diferentes patoloxías neurolóxicas, alcanzando uns 100 participantes.
Nesta primeira etapa, trataremos con especial dedicación as enfermidades desmielinizantes, tratando o resto das patoloxías neurolóxicas nas seguintes reunións.
A primeira reunión celebrarase en Santiago de Compostela o 1 e 2 de febreiro de 2019 e, nela trataremos un resumo das comunicacións máis relevantes do ano previo así como un resumo do que se espera na EM o ano que entra.
Contamos co patrocinio dos laboratorios Almirall, Bayer, Biogen, Merck, Mylan, Novartis, Roche, Sanofi- Genzyme e Teva aos que agradecemos o seu apoio.
O Hospital Clínico San Carlos e a asociación de pacientes ASANOL (entidade que representa en España ás persoas afectadas por neuropatía óptica hereditaria de Leber, e as súas familias), organizan o 26 de abril de 2019 o I SIMPOSIO REDE DE EXPERTOS LHON COMPARTIMOS EXPERIENCIAS”
Inscrición:
A asistencia ao Simposio, non comporta custo. ASANOL, ademais, dispón de 40 bolsas que cobren os gastos de desprazamento e aloxamento a os profesionais que acudan a este Simposio. Concederanse respectando a orde de inscrición dos profesionais.
Para formalizar a súa inscrición, pode facelo a través deste formulario online: https:// goo. gl/ forms/ vvQN1 wvlVWJcIIUw1
Se desexa solicitar máis información poden dirixirse á seguinte dirección de correo electrónico: simposio.neuropatia.leber@gmail.com