Xuñ
28
Xov
II SCA36 INTERNATIONAL SYMPOSIUM
Xuñ 28 a las 6:00 p.m. – Xuñ 30 a las 12:30 p.m.
II SCA36 INTERNATIONAL SYMPOSIUM @ Cabana de Vergantiños

O II Simposio Internacional SCA36, terá lugar en Cabana de Bergantiños os días 28 ao 30 de xuño de 2018.

A SCA36 é un tipo de ataxia herdo-dexenerativa identificada inicialmente en pacientes da rexión de Asida (Xapón) e na Costa da Morte (Galicia-España). Actualmente diagnosticáronse pacientes en diversas rexións do mundo. A causa desta enfermidade é a expansión dunha zona de ADN repetitiva no xene NOP56. O seu cadro clínico, de inicio tardío, caracterízase esencialmente por ataxia cerebelosa, hipoacusia e enfermidade de neurona motora focal.

Máis información aquí

Xul
22
Dom
Día Mundial do Cerebro
Xul 22 todo o día

A Federación Mundial de Neuroloxía (WFN – World Federation of Neurology) e a Organización Mundial do Ictus (WSO – World Stroke Organization) dedican o Día Mundial do Cerebro 2017 ao ictus.

O ictus é a primeira causa de mortalidade entre as mulleres españolas e a segunda
nos varóns. En España, o ictus provoca máis mortalidade e discapacidade que os accidentes e o
Alzheimer xuntos.

En Galicia hai mais de 28.000 persoas con dano cerebral adquirido motivado por un ictus.

Set
22
Sáb
III REUNIÓN GRUPO NEUROHISTORIA SGN. 22 setembro, Campolameiro
Set 22 a las 9:30 a.m. – 6:00 p.m.
[:gl]III REUNIÓN GRUPO NEUROHISTORIA SGN. 22 setembro, Campolameiro[:es]III REUNIÓN GRUPO NEUROHISTORIA SGN. 22 de septiembre, Campolameiro[:] @ Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro

A III Reunión do Grupo de Neurohistoria da Sociedade Galega de Neuroloxía terá lugar o vindeiro sábado 22 de Setembro de 2018 no Parque Arqueolóxico dá Arte Rupestre Campo Lameiro (Campo Lameiro, Pontevedra).

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 10 DE SETEMBRO
PRAZAS LIMITADAS A UN MÁXIMO DE 60 PERSOAS.
PREZO INSCRICIÓN: Membros da SOGANE: 0 euros.
Non membros da SOGANE: 32,50 euros (Inclúe visita guiada e comida).

 

PROGRAMA PROVISIONAL:

9:30 h Benvida.

9:45 h Temor á guerra? A Odisea de Palamedes.
Alfredo Puy Núñez. Servizo de Neuroloxía EOXI Pontevedra-O Salnés.

10:00 Afasia conversiva tras a visión dun lobo.
Juan Manuel Pías Peleteiro. Servizo de Neuroloxía EOXI Santiago.

10:30 Bases neurológicas e utilidade específica do medo.
Anxo Sesar Ignacio. Servizo de Neuroloxía EOXI Santiago.

11:00 PAUSA CAFÉ.

11:30 Neuroloxía nas pedras.
José Manuel Aldrey Vázquez. Servizo de Neuroloxía EOXI Santiago.

12:00 Pensamento e representación na arte rupestre.
Manuel Santos Estévez. Fundação para a Ciência e a Tecnologia, Universidade do Minho.

13:00 Reunión administrativa do grupo.

13:30 COMIDA

15:30 Visita/ s Guiada/s

18:00: Clausura

Out
5
Ven
9ª REUNION DO GRUPO DE ESTUDO DE EPILEPSIA DA SGN & III CURSO DE OUTONO DE EPILEPSIA
Out 5 a las 5:00 p.m. – Out 6 a las 6:00 p.m.
[:gl]9ª REUNION DO GRUPO DE ESTUDO DE EPILEPSIA DA SGN & III CURSO DE OUTONO DE EPILEPSIA[:es]9ª REUNION DEL GRUPO DE ESTUDIO DE EPILEPSIA DE LA SGN & III CURSO DE OTOÑO DE EPILEPSIA[:] @ Hotel Carlos I Silgar

Patrocinados por los laboratorios BIAL e EISAI, os vindeiros 5 e 6 de outubro terán lugar en Sanxenxo a 9ª Reunión do grupo de estudo de Epilepsia da SGN e o III  Curso de Outono de Epilepsia.

Programa

Out
25
Xov
Xornadas científicas de Neurorrehabilitación
Out 25 a las 8:30 a.m. – Out 27 a las 8:30 p.m.
Nov
6
Mar
II foro GALEGO – ROCHE: novos conceptos na Esclerose Múltiple
Nov 6 a las 5:30 p.m. – 8:00 p.m.
Nov
8
Xov
9ª Xornadas de Patoloxía Vascular Cerebral
Nov 8 – Nov 9 todo o día

Organizado polo Grupo de Traballo de Patoloxía Vascular Cerebral da Sociedad Española de Neurocirugía (SENEC), o Grupo Español de Neuroradiología Intervencionista (GENI) e o Capitulo Vascular da Sociedad Española de Neurología (SEN).

A Xornada enfócase en formato de discusión de diferentes casos clínicos que serán defendidos desde distintas ópticas e sometidos á consideración da sala cun carácter eminentemente práctico e interactivo. Contaremos coa presenza de destacados especialistas de prestixio mundial.

Mais información na web do Congreso

 

Nov
9
Ven
Jornada sobre las EERR y RA
Nov 9 a las 3:45 p.m. – 9:00 p.m.
Nov
16
Ven
Xornada actualización abordaxe Amiloidosis por TTR
Nov 16 a las 4:00 p.m. – 7:00 p.m.
Nov
23
Ven
II FORO EM – FEGADEM
Nov 23 a las 3:30 p.m. – 8:30 p.m.
II FORO EM - FEGADEM @ Edificio CERSIA

A Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) celebra o vindeiro 23 de novembro o ‘II Foro de Esclerose Múltiple #EMGalicia18’, no que colabora a Sociedade Galega de Neuroloxía. Podedes atopar nesta ligazón toda a información do evento e o formulario de inscripcions:

https://esclerosismultiplegalicia.org/ii_foro_esclerosis_multiple_galicia_es.html

Díptico II Foro Esclerose Múltiple