O II Simposio Internacional SCA36, terá lugar en Cabana de Bergantiños os días 28 ao 30 de xuño de 2018.
A SCA36 é un tipo de ataxia herdo-dexenerativa identificada inicialmente en pacientes da rexión de Asida (Xapón) e na Costa da Morte (Galicia-España). Actualmente diagnosticáronse pacientes en diversas rexións do mundo. A causa desta enfermidade é a expansión dunha zona de ADN repetitiva no xene NOP56. O seu cadro clínico, de inicio tardío, caracterízase esencialmente por ataxia cerebelosa, hipoacusia e enfermidade de neurona motora focal.
A Federación Mundial de Neuroloxía (WFN – World Federation of Neurology) e a Organización Mundial do Ictus (WSO – World Stroke Organization) dedican o Día Mundial do Cerebro 2017 ao ictus.
O ictus é a primeira causa de mortalidade entre as mulleres españolas e a segunda
nos varóns. En España, o ictus provoca máis mortalidade e discapacidade que os accidentes e o
Alzheimer xuntos.
En Galicia hai mais de 28.000 persoas con dano cerebral adquirido motivado por un ictus.
A III Reunión do Grupo de Neurohistoria da Sociedade Galega de Neuroloxía terá lugar o vindeiro sábado 22 de Setembro de 2018 no Parque Arqueolóxico dá Arte Rupestre Campo Lameiro (Campo Lameiro, Pontevedra).
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 10 DE SETEMBRO
PRAZAS LIMITADAS A UN MÁXIMO DE 60 PERSOAS.
PREZO INSCRICIÓN: Membros da SOGANE: 0 euros.
Non membros da SOGANE: 32,50 euros (Inclúe visita guiada e comida).
PROGRAMA PROVISIONAL:
9:30 h Benvida.
9:45 h Temor á guerra? A Odisea de Palamedes.
Alfredo Puy Núñez. Servizo de Neuroloxía EOXI Pontevedra-O Salnés.
10:00 Afasia conversiva tras a visión dun lobo.
Juan Manuel Pías Peleteiro. Servizo de Neuroloxía EOXI Santiago.
10:30 Bases neurológicas e utilidade específica do medo.
Anxo Sesar Ignacio. Servizo de Neuroloxía EOXI Santiago.
11:00 PAUSA CAFÉ.
11:30 Neuroloxía nas pedras.
José Manuel Aldrey Vázquez. Servizo de Neuroloxía EOXI Santiago.
12:00 Pensamento e representación na arte rupestre.
Manuel Santos Estévez. Fundação para a Ciência e a Tecnologia, Universidade do Minho.
13:00 Reunión administrativa do grupo.
13:30 COMIDA
15:30 Visita/ s Guiada/s
18:00: Clausura
Organizado polo Grupo de Traballo de Patoloxía Vascular Cerebral da Sociedad Española de Neurocirugía (SENEC), o Grupo Español de Neuroradiología Intervencionista (GENI) e o Capitulo Vascular da Sociedad Española de Neurología (SEN).
A Xornada enfócase en formato de discusión de diferentes casos clínicos que serán defendidos desde distintas ópticas e sometidos á consideración da sala cun carácter eminentemente práctico e interactivo. Contaremos coa presenza de destacados especialistas de prestixio mundial.
Mais información na web do Congreso
A Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) celebra o vindeiro 23 de novembro o ‘II Foro de Esclerose Múltiple #EMGalicia18’, no que colabora a Sociedade Galega de Neuroloxía. Podedes atopar nesta ligazón toda a información do evento e o formulario de inscripcions:
https://esclerosismultiplegalicia.org/ii_foro_esclerosis_multiple_galicia_es.html