FEGADACE organiza, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, unha serie de obradoiros sobre o dano cerebral adquirido baseados na guía Cousas que debes saber sobre o Dano Cerebral Adquirido cando o teu familiar está no hospital.
Terán lugar entre o 8 e o 29 de outubro nas sete cidades que encabezan as áreas sanitarias do Sergas. Todos os datos dos obradoiros están no seguinte cartel: Cartel dos obradoiros
Para asistir é necesario inscribirse; nesta ligazón aparecen os formularios de inscrición en cada un dos obradoiros: https://www.fegadace.org/a-escola-galega-de-saude-para-cidadans-organiza-sete-obradoiros-sobre-o-dca-gal.html
Aínda que a priori están dirixidos a familiares e persoas coidadoras, poden ser de interese para profesionais e estudantado, dada a necesidade, no día a día, de formar e orientar ás persoas nesta situación.