A inmunoterapia, a revolución contra a migraña. Espérase que no outono cheguen a España os primeiros fármacos específicos para tratar esta dor de cabeza.
Faro de Vigo, 11 de agosto de 2019. Artigo completo
A pesar de que a migraña é o sexto trastorno máis incapacitante, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) e da súa alta prevalencia, o certo é que moitas persoas que a sofren non están diagnosticadas e se automedican contra a dor. Para dar a coñecer que é a migraña e a súa abordaxe, a Sociedade Galega de Neuroloxía organizará actividades para profesionais e pacientes en Vigo, Pontevedra, Ferrol, A Coruña, Santiago, Ourense, Monforte e Lugo dentro da Semana da Migraña, do 4 ao 7 de novembro próximo.