Xa está aberta a inscrición na Xornada sobre o DCA deste ano, que vai ter lugar o 29 de setembro na Facultade de Filosofía da USC e versará sobre ‘Calidade de vida e dano cerebral adquirido’.
Durante a Xornada teremos conferencias do catedrático de Psicoloxía de Discapacidade Miguel Ángel Verdugo, do xurista Miguel Vieito Villar e do psicólogo clínico Miguel Anxo García, ademais dunha pequena presentación do escritor Francisco Castro e do acto de entrega do 6º Premio FEGADACE – Miguel Blanco.
A inscrición, que é gratuíta, formalízase cubrindo este formulario