Bo día,
O respiro familiar é unha actividade de enorme importancia tanto para as persoas con dano cerebral adquirido como para as súas familias, xa que supón un descanso no labor de coidados. Este é o motivo polo que FEGADACE decidiu participar na segunda edición de Giving Tuesday solicitando apoio económico para levar a 35 persoas con DCA de fin de semana a El Bosque de los Sueños.
A través deste correo pedímosche que nos axudes. Pode ser a través dunha achega económica ou difundindo a iniciativa nas túas redes sociais ou reenviando este e-mail aos teus contactos.
Temos ata o día 29 para facelo. Convirtamos ese día no Giving Tuesday, un día para dar, e melloremos entre todos e todas a calidade de vida das persoas con dano cerebral!
Grazas pola atención, e un saúdo agarimoso,
FEGADACE. Federación Galega de Dano Cerebral
Irene Cancelas. Comunicación
Correo: comunicacion@fegadace.org
Teléfono: 654866967 / 659177709
www.fegadace.org