Cando:
1 Febreiro, 2019 a las 6:00 p.m. – 2 Febreiro, 2019 a las 4:30 p.m.
2019-02-01T18:00:00+01:00
2019-02-02T16:30:00+01:00
Onde:
Hotel Monumento San Francisco
santiago de compostela
Contacto:
Sociedade Galega de Neuroloxia
986443841

Iniciamos con esta as reunións conxuntas das diferentes sociedades neurolóxicas do norte de España. O obxectivo principal de fomentar a colaboración e interacción dos profesionais da neuroloxía do norte de España e manternos ao día nos avances de cada unha das patoloxías neurolóxicas.

Contamos neste camiño cos compañeiros neurólogos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, A Rioxa e Aragón e tamén de Castela-León. Así mesmo, convidaremos á reunión a farmacéuticos e a representantes das administracións autonómicas, actores importantes no tratamento das diferentes patoloxías neurolóxicas, alcanzando uns 100 participantes.

Nesta primeira etapa, trataremos con especial dedicación as enfermidades desmielinizantes, tratando o resto das patoloxías neurolóxicas nas seguintes reunións.

A primeira reunión celebrarase en Santiago de Compostela o 1 e 2 de febreiro de 2019 e, nela trataremos un resumo das comunicacións máis relevantes do ano previo  así como un resumo do que se espera na EM o ano que entra.

Contamos co patrocinio dos laboratorios Almirall, Bayer, Biogen, Merck, Mylan, Novartis, Roche, Sanofi- Genzyme e Teva aos que agradecemos o seu apoio.

 

PROGRAMA