En reunión da Xunta Directiva da Sociedade Galega de neuroloxía, con carácter extraordinario acordouse convocar axudas para a realización de estancias en centros de referencia en Neuroloxía cos seguintes obxectivos:
- Ampliar formación académica en áreas específicas da Neuroloxía en centros especializados de referencia
- Ampliar a formación nas técnicas utilizadas nas distintas áreas da Neuroloxía que se poidan implementar posteriormente no centro de orixe e no resto de centros da comunidade
- Promover actividades de investigación que contribúan a mellorar o coñecemento, prevención e tratamento das enfermidades neurolóxica
BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA APOIO Á FORMACIÓN ESPECIALIZADA EN NEUROLOXIA
ANEXO I SOLICITUDE DA BOLSA DE FORMACION DA SOCIEDADE GALEGA DE NEUROLOXIA
Enviar documentación adicional a secretaria@neuroloxia.com