NON É SOLO UNHA DOR DE CABEZA
12 DE SETEMBRO, É O DÍA MUNDIAL DA MIGRAÑA
1 DE CADA 7 PERSOAS A PADECE, PRETO DE 300.000 EN GALICIA
12 de setembro, día Mundial da Migraña.
Se a vostede lle doe a cabeza habitualmente dun lado (na fronte ou na sien), ten a sensación de que lle late o corazón nesa zona, a dor é forte, empeora co exercicio, acompáñase náuseas ou vómitos i en ocasións lle obriga a deitarse ás escuras i en silencio, probablemente hoxe tamén sexa o seu día.
Quizais se pregunte o motivo de que a migraña sexa obxecto de tal consideración, xa que se pode pensar que solamente é un tipo de dor de cabeza, pero realmente non é así. A migraña é unha enfermidade neurolóxica de causa xenética, cuxa importancia vén dada por múltiples razóns.
Unha delas é a cantidade de persoas ás que afecta. Estímase que en Galicia son 300.000 as persoas que sofren esta enfermidade, en España son 5 millóns, equivalente o 12% da poboación xeral, das cales o 85% aproximadamente son mulleres. Estas cifras tradúcense en que, de media, 1 de cada 7 persoas sofre migraña.
Outra razón a destacar é a intensidade da dor e os síntomas que a acompañan, que en moitas ocasións obrigan ós pacientes a ter que illarse en silencio e na escuridade para poder sobrelevar os ataques. Todo elo conleva un impacto devastador en todos os ámbitos da vida do paciente, tanto a nivel familiar e social como laboral.
Non sen motivo, a migraña é considerada pola Organización Mundial da Saúde como unha das vinte enfermidades máis discapacitantes das que se teñen constancia. De feito, en España a migraña é a primeira causa de discapacidade en menores de 50 anos e o tipo de cefalea que máis impacto ten a nivel laboral, ocasionando que quen a sofre non poida asistir ó traballo ata 14.6 días ó ano, así como unha perda de productividade de ata o 50% por falta de concentración.
Según unha entrevista da Alianza Europea para Migraña e a Cefalea, un 30% dos enfermos ten problemas para traballar e ata un 12% foi despedido ou non se lles renovou o contrato por mor da súa migraña.
Todo elo conleva un custo anual de entre 5.041-12.970 euros/ano por paciente en función da frecuencia da migraña.
Promover o diagóstico precoz da migraña é fundamental para reducir o seu impacto. Segundo o Libro Blanco de la Migraña do grupo de traballo da SEN, os pacientes tardan entre 6 e 7 anos de media en obter o diagnóstico. A demora no diagnóstico conleva un maior padecemento e un maior risco de cronificación da enfermidade ó non recibiren o tratamento axeitado.
Hoxe en día dispoñemos de tratamentos efectivos para a migraña, tanto para o tratamento da dor (tratamento sintomático, que busca xugular a dor cando aparece) como para a súa prevención (preventivo, que busca reducir a frecuecia e intensidade das crises).
Nos últimos anos vimos de vivir o desenvolvemento e posta no mercado de fármacos específicos para a migraña, con menos efectos secundarios dos que tiñamos dispoñibles previamente.
É imprescindible facilitar o acceso dos pacientes ás consultas de Atención Primaria e Neuroloxía e mellorar a formación dos profesionais sanitarios para un correcto uso dos tratamentos, i evitar o sobreuso de fármacos analxésicos que poden conlevar á cronificación da migraña.
O Día Mundial da Migraña vén a tentar aumentar a concienciación sobre esta patoloxía, tanto para poder realizar un diagnóstico máis precoz como para que a xente que ten a sorte de non padecela, coñeza a entidade e comprenda ós pacientes que a sofren. Non é solo unha dor de cabeza.
-Migraña na prensa: