GRABACION DE LA REUNION DEL 12 DE SEPTIEMBRE DEL 22 – CEFALEA COMPARTIDA
O 12 de setembro celébrase o Día Internacional de Acción contra a migraña, causa do 30% das consultas ambulatorias de neuroloxía.
A Sociedade Galega de Neuroloxía ve a necesidade de coordinar o manexo da dor de cabeza coa Atención Primaria, xa que é unha patoloxía que tratamos ambas especialidades de forma compartida. A dor de cabeza está entre as enfermidades que máis baixas causan en España e cremos que, polo tanto, merece unha atención especial.
Organizamos, xunto coa Atención Primaria, a celebración de 7 sesións simultáneas nas 7 EOXIs: Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo, nun centro de saúde de cada área nas que participarán en formato táboa redonda un médico de familia e un neurólogo e xerarán debate cos asistentes.
Dirixido a: Médicos de Familia, Urxencias e Neuroloxía, Farmacéuticos de Atención Primaria e Enfermaría.
Acreditación solicitada á Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde da Comunidade Autónoma de Galicia, para cada unha das sesións de licenciados/as en medicina, licenciados/as en farmacia e licenciados/as en enfermaría.
Unha das sesións retransmitirase online para facilitar a asistencia a aqueles que non poidan viaxar. O encontro neste formato tamén contará con acreditación. O rexistro é obrigatorio.
PROGRAMA CEFALEA COMPARTIDA (A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo y Ourense)
GUIA DE BOLSILLO SOBRE MANEJO DE CEFALEAS Y ALGIAS CRANEOFACIALES 2022
EVALUACIÓN DE LA JORNADA. NECESARIA PARA LA OBTENCIÓN DE LA ACREDITACIÓN
A DOR DE CABEZA EN CIFRAS:
- É a dor máis frecuente na especie humana
- É un dos principais motivos de consulta médica en Atención Primaria
- É a principal causa de consulta médica nas consultas de neuroloxía, un 30%
- É o 2% das visitas de urxencia
- O 40% da poboación sofre dor de cabeza tensional recorrente
- O 18% da poboación sofre enxaqueca recorrente
- O 2% da poboación sofre enxaqueca crónica (máis de 15 días ao mes)
- É unha das principais causas de consumo de analxésicos – AINE
- O custo anual da enxaqueca crónica estímase en 1.830 millóns de euros anuais en España
01-ene-22 | ESPAÑA | GALICIA |
Nº HABITANTES | 47.435.597 | 2.691.557 |
El 40% de la población sufre cefalea tensional recurrente | 18.974.239 | 1.076.623 |
El 18% de la población sufre migraña de forma recurrente | 8.538.407 | 484.480 |
El 2% de la población sufre migraña crónica (mas de 15 días al mes) | 170.768 | 9.690 |