Charcot-Marie-Tooth: unha enfermidade “infradiagnosticada” en Galicia
A investigadora Tania García Sobrino analiza na súa tese esta neuropatía de orixe xenética, para a que aínda non existe tratamento
A síndrome de Charcot-Marie-Tooth (CMT), unha doenza de orixe neurolóxica e causada por unha alteración xenética, está “infradiagnosticada” en Galicia. É unha das principais conclusións da tese de doutoramento realizada por Tania García Sobrino, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)