Unha cronoloxía cos principais acontecementos que afectaron ao dano cerebral nas últimas dúas décadas, desde todos os puntos de vista: creación de unidades de ictus, promulgación da ‘Lei de Dependencia’, Convención sobre Discapacidade da ONU… Coa lupa colocada na evolución do tecido asociativo galego desde a fundación de ADACECO, Alento e Sarela, parando na constitución de ADACE Lugo, Renacer e FEGADACE, a ampliación de servizos, os novos centros… Unha historia de crecemento e mellora da atención ás familias con dano cerebral complementada con fotografías e cos testemuños de diferentes persoas que nos acompañaron nestes 20 anos.
Poden atopar unha ligazón directa á información do proxecto na web de FEGADACE