A Sociedade Galega de Neuroloxía comprácese en comunicar a todos os socios que o Dr. César de la Fuente Núñez, biotecnólogo coruñés, foi galardoado co Premio Princesa de Girona de Investigación científica 2021. Coa súa inclinación inicial pola Biotecnoloxía en detrimento de a Medicina, seguro que perdemos un gran médico, pero gañamos un gran científico cunha brillantísima traxectoria profesional e para nós é un motivo de orgullo que o fillo do Dr. Raul de la Fuente, compañeiro noso e cunha gran actividade na nosa sociedade, seguise os pasos do seu pai, gran neurólogo e investigador. El estaría orgulloso.
Queremos facer extensiva nosa felicitación a toda a súa familia polos logros obtidos polo Dr. César de la Fuente.
