O Grupo de Estudo de Historia da Neuroloxía e Humanidades da Sociedade Galega de Neuroloxía ten como obxectivo o estudo das interseccións entre a Neuroloxía e distintas disciplinas humanísticas, como a historia ou a literatura. Este ano celebrou a súa cuarta reunión con cinco relatores e baixo o prisma da presenza do viño na historia da Medicina tratáronse diferentes temas: a relación entre viño e neuroloxía desde a medicina grega ata a época máis contemporánea, a evolución do cultivo da vide desde unha perspectiva histórica ou as complicacións médicas asociadas ao consumo de alcol e metanol.
Por outra banda, realizouse unha exhaustiva revisión bibliográfica relacionada co dubidoso efecto neuroprotector do viño concluíndo que os datos dispoñibles ata este momento contraindican de forma absoluta a súa utilización en busca deses efectos. A xornada terminou cunha teleconferencia desde Escocia por parte do Dr. Carod Artal que revisou o uso de distintos enteógenos noutras culturas e localizacións, e o seu papel social e relixioso desde unha perspectiva antropolóxica.
Desde o Grupo de Estudo queremos agradecer o seu esforzo aos relatores (JJ Ruiz Ezquerro, M Santamaría Cadavid, E Cebrián Pérez, F Felipe Figueroa e FJ Carod Artal) e felicitalos polas súas magníficas exposicións. Así mesmo, mostramos a nosa satisfacción polo interese médico e antropolóxico de todos os relatorios realizados, que pódense consultar a continuación.
¿Sarmientos entrelazados? La historia del vino en la historia de la neurología.
Dr. Juan José Ruiz Ezquerro. Neurólogo. Complejo Asistencial Castilla y León. Zamora
La sombra. Patología de sistema nervioso central y periférico asociada al consumo de etanol y metanol
Dra. María Santamaría Cadvid. Neuróloga. Complejo Hospitalario Universitario Santiago de Compostela
La controversia: ¿Es el vino neuroprotector?
Dr. Ernesto Cebrián Pérez. Neurólogo. Pontevedra
El cultivo de la vid. Una historia neurológica
D. Francisco Felipe Figueroa
No estamos solos. Los otros enteógenos. Sapo. cornezuelo, A. muscaria, ayahuasca. Vuelos chamánicos.
Dr. Francisco Javier Carod Artal. Neurólogo. Raigmore Hospital Inverness
Un grupo de estudo atípico con propostas orixinais
O grupo de estudo de neuroloxía e humanidades xurdiu en 2012 dentro da Sociedade Galega de Neuroloxía co obxectivo de explorar a relación entre a neuroloxía e diversos campos como a literatura, a historia e o medio natural. Está coordinado polos doutores Juan Pías Peleteiro e Alfredo Puy Núñez, do Hospital Clínico Universitario de Santiago e do Hospital de Pontevedra, respectivamente. En reunións anteriores foron pioneiros en temas dispares como a descrición de enfermidades neurolóxicas no traballo de Homero, a posible explicación neurolóxica dalgúns petroglifos galegos ou unha visión científica do milagre popular do Ero de Armenteira.