Os novos fármacos contra a migraña acadan reducir á metade os días de dor
A nova xeración de fármacos para tratar a migraña está a punto de chegar a Galicia. Os anticorpos monoclonais dirixidos contra a molécula CGRP unha das causantes no corpo humano dos intensos e repetitivos dores de cabeza de esta doenza poderían comezar a comercializarse en España a finais de ano. Non obstante, pacientes galegos xa os probaron en ensaios clínicos ou en programas de uso anticipado á comercialización do fármaco.