A SEMANA DA MIGRAÑA DE GALICIA
A Semana da Migraña de Galicia, é unha iniciativa da Sociedade Galega de Neuroloxía, que ten como obxectivo principal promover a concienciación e sensibilización fronte á migraña e outras cefaleas.
Durante a semana do 4 ao 8 de novembro do 2019, celebraranse en A Coruña, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, sendas xornadas de carácter divulgativo e científico, co obxectivo de reunir a doentes e profesionais involucrados na atención do doente migrañoso en Galicia, para intercambiar coñecemento, boas prácticas e buscar estratexias que permitan mellorar a atención e manexo destes doentes.
XORNADA INAUGURAL
Dirixida a Neurólogos, Xerencias de Atención Primaria e Hospitalaria, Servizos de Farmacia, Servizos Centrais e outros profesionais sanitarios interesados na xestión e manexo do doente con cefalea.
O obxectivo da xornada é abordar a realidade das cefaleas e especialmente a migraña como primeiro motivo de consulta neurolóxica, os notables cambios na sua comprensión e manexo terapéutico experimentados nas últimas duas décadas, e as implicacións para a organización da asistencia sanitaria.
PROGRAMA XORNADA INAUGURAL, Santiago 4 de novembro
AFORO LIMITADO. ASISTENCIA GRATUITA PREVIA INSCRIPCIÓN A TRAVÉS DO SEGUINTE BOLETÍN
XORNADAS PARA ATENCIÓN PRIMARIA E URXENCIAS
Dirixida a médicos de atención primaria e urxencias e outros especialistas con interese no manexo do doente con migraña.
Realizarase unha actualización práctica sobre anamnesis e criterios diagnósticos, emprego de probas complementarias, elección de tratamentos sintomáticos e preventivos, e manexo de comorbilidades no doente con migraña e outras cefaleas.
AFORO LIMITADO. ASISTENCIA GRATUITA PREVIA INSCRIPCION A TRAVÉS DO SEGUINTE BOLETÍN
XORNADAS PARA DOENTES
¿Debo excluir determinados alimentos da miña dieta? ¿Podo estar facendo algo que empeore as miñas dores de cabeza? ¿Qué debo agardar dos tratamentos que recibo? ¿Cál é a repercusión social e laboral da migraña?
A estas e outras cuestións tratarase de dar resposta a través dunha presentación e posterior coloquio dirixido a doentes, familiares de doentes e público xeral con interese nestas patoloxías.
ASISTENCIA GRATUITA. AFORO LIMITADO