Organizado polo Grupo de Traballo de Enfermidades Desmielinizantes da Sociedade Galega de Neuroloxía e Novartis e Coordinado polo Dr. José Ramón Lorenzo, IBERO EM 2019 – Encontros en Esclerose Múltiple celebrarase en Baiona os días 7 e 8 de xuño de 2019.
IBERO EM nace na villa de Baiona, fai xa seis anos, co obxetivo de intercambiar coñecementos e debatir conceptos “non clásicos” da esclerose múltiple. Á reunión asisten neurólogos de toda España e, dende a edición anterior, tamén de Portugal.
En 2019 revisaremos a ciencia básica, o diagnóstico e os novos tratamentos farmacolóxicos en EM, facendo un balance do custo / beneficio dos mesmos. Por primeira vez, falaremos doutras formas de atacar ó sistema nervioso, introducíndonos nalgunhas enfermidades neuroreumatolóxicas.
A emisión en streaming recibiu en 2018 preto de 900 conexións, un 22% das cales foron doutros países. Este ano repetiremos a experiencia.
O aforo é limitado e a inscripción obrigatoria, máis información en secretaria@neuroloxia.com ou co seu delegado de Novartis.