O Hospital Clínico San Carlos e a asociación de pacientes ASANOL (entidade que representa en España ás persoas afectadas por neuropatía óptica hereditaria de Leber, e as súas familias), organizan o 26 de abril de 2019 o I SIMPOSIO REDE DE EXPERTOS LHON COMPARTIMOS EXPERIENCIAS”
Este Simposio conta co recoñecemento de interese sanitario por parte do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, así como o Aval Científico da Sociedade Española de Neuroloxía.
Unha necesaria xornada onde as partes implicadas realizan un importante esforzo para actualizar as pautas que facilitarán ao profesional o diagnóstico desta patoloxía, coñecida tamén como LHON (siglas en inglés). Alcanzar un diagnóstico rápido e certeiro é asunto fundamental para o profesional e o paciente, por este motivo ASANOL traballa para divulgar o coñecemento desta patoloxía pouco frecuente desde o foco clínico e social.
Pode descargar aquí o PROGRAMA con información detallada sobre os coordinadores da xornada, relatorios e título das intervencións.
Inscrición:
A asistencia ao Simposio, non comporta custo. ASANOL, ademais, dispón de 40 bolsas que cobren os gastos de desprazamento e aloxamento aos profesionais que acudan a este Simposio. Concederanse respectando a orde de inscrición dos profesionais.
Para formalizar a súa inscrición, pode facelo a través deste formulario online: https:// goo. gl/ forms/ vvQN1 wvlVWJcIIUw1
Así mesmo, se desexa solicitar máis información poden escribir á seguinte dirección de correo electrónico: simposio.neuropatia.leber@gmail.com