Os avances dos últimos vinte e cinco anos para tratar a esclerose múltiple, un mal neurolóxico que causa discapacidade progresiva e perda de autonomía persoal, permitiron gañar dez anos de vida, e con calidade, a quen o padece, manifesta José María Prieto, presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía. É moi impactante socialmente, pois adoita diagnosticarse en persoas novas, de entre 20 e 40 anos. Afecta máis a mulleres, tres por cada home, engade.