…
Exitoso ensaio realizado por un equipo do Laboratorio de Neurociencias Clínicas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago ( IDIS) nun grupo de 50 persoas, dos que a metade era un grupo de control e o resto pacientes con ictus isquémicos.
Os resultados da innovadora terapia publicáronse na revista científica Annals of Neurology. A clave radica en actuar sobre o glutamato, un neurotransmisor vital para o bo funcionamento do cerebro, pero que cando se produce un ictus libérase de forma incontrolable e é o responsable de agravar a lesión neuronal. Laboratorios de todo o mundo levan anos tentando conseguir bloquear a xeración deste composto despois dun infarto, pero sen éxito, xa que baseaban a súa estratexia en dirixir un fármaco ao cerebro para que puidese reducir nesta zona os niveis de glutamato. O equipo galego, liderado por José Castelo e Francisco Campos, optou por un cambio de enfoque. «O que fixemos foi reducir os niveis de glutamato en sangue, polo que o efecto é máis rápido e tamén se eliminan posibles complicacións», explica Francisco Campos. …