Mais de 100 neurólogos de toda España desprazaranse ata Baiona para participar en IBERO EM – V ENCONTROS DE ESCLEROSES MULTIPLE, evento coorganizado por NOVARTIS e a Sociedade Galega de Neuroloxía.
Este ano, por primeira vez, cursáronse invitacións aos servizos de neurología dos hospitais do norte de Portugal co interese de establecer lazos de colaboración e compartir avances no tratamento e diagnóstico dunha enfermidade que aínda presenta moitas incógnitas.
O Comité organizador, presidido polo Dr. José Ramón Lorenzo, Vicepresidente da Sociedade Galega de Neuroloxia e Xefe de Servizo de Neuroloxía de POVISA, expón nesta ocasión un amplo programa dende o punto de vista da clínica e a ciencia básica, impartido por relatores de recoñecido prestixio.
DIPTICO PROGRAMA IBERO EM – V ENCUENTROS DE ESCLEROSIS MULTIPLE