O “Banco de cerebros” tamén denominado banco de tecidos neurolóxicos (BTN) está situado no Hospital Alvaro Cunqueiro, Vigo.
Creouse no ano 2002 coa finalidade de recompilar mostras de tecido neurolóxico que permitan avanzar no coñecemento das enfermidades neurodexenerativas.
O banco de cerebros é un centro especializado cun sistema de conservación e almacenamento
indefinido de tecidos para as súas análises morfolóxico, bioquímico ou molecular. Os BTN proporcionan tecido nervioso para poder diagnosticar e investigar enfermidades neurodexenerativas como a enfermidade de Alzheimer ou a de Parkinson.
A investigación actual sobre enfermidades neurodexenerativas está fundamentada en gran parte en mostras procedentes de BTN. O funcionamento do BTN debe estar baseado nun programa de doazóns,
aínda que moitas mostras proceden de autopsias clínicas. O dispoñer de tecido humano é importante, xa que os animais non padecen moitas destas enfermidades.
Acceso á web do BTN – Información para doantes e profesionais