Continuando o traballo desenvolvido en anos anteriores, AFAGA presenta a XV edición das XORNADAS PROFESIONAIS: ALZHÉIMER UN PROBLEMA DE TODOS, que terán lugar o 1 e 2 de decembro en Vigo.
Nesta edición o obxectivo xeral é revisar a situación actual da atención ás persoas con Alzhéimer ou outra demencia, así como a dos seus coidadores familiares. Preténdese un enfoque práctico en diferentes temáticas de interese para os profesionais sociosanitarios a través dos talleres así como un traballo persoal sobre os aspectos máis emocionais inherentes ao labor profesional do traballo con persoas.
Acceso a o Ttriptico Jornadas AFAGA ALZHEIMER 2017 no que atoparán o programa e a folla de inscrición .