Os vindeiros 14 e 15 de Decembro celebrarase, en Afundación (A Coruña) as “I Xornadas Galegas de Portas Abertas sobre a Enfermidade de Parkinson: unha visión 360º”.
Organizadas pola Fundación Curemos el Parkinson en alianza ca Asociación de Párkinson Coruña, as xornadas están dirixidas tanto a pacientes, a coidadores/as como a estudantes de disciplinas relacionadas ca enfermidade de parkinson (enfermería, logopedia, etc).
O obxectivo é ofrecer unha visión 360º sobre a enfermidade. Por iso, as Xornadas están divididas en catro grandes bloques:
Convivir coa enfermidade de parkinson,
A investigación na enfermidade de parkinson,
Falan os expertos e
Técnoloxía e enfermidade de parkinson.