ASEM Galicia conmemora o 15 de novembro o Día das enfermidades neuromusculares, organizando numerosas actividades e eventos de sensibilización e divulgación sobre estas patoloxías en toda España.
Entre outras actividades, o mércores 15 a partir das 20:30 terá lugar unha charla no salón de actos de Colexio de Farmacéuticos en Vigo na que participará o neurólogo do Alvaro Cunqueiro Dr. Arturo Fraga Bau e que ofrecerá unha visión xeral sobre as enfermidades neuromusculares, a práctica clínica e as opcións terapéuticas para os afectados.
Mais información sobre as actividades organizadas por ASEM aquí