O pasado 31 de maio concidindo ca celebración do día mundial da Esclerose Múltiple, o presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía (SGN), Dr. Jose María Prieto e a presidenta da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), Rosa María Villar Cordovés, asiñaron Acordo Marco de Colaboración entre a SGN e a FEGADEM para a realización de actividades e proxectos conxuntos.
O obxetivo do acordo e a posta en marcha e desenvolvemento de medidas de difusión e sensibilización sobre a enfermidade da EM na nosa comunidade. Para elo ambas entidades colaborarán e participarán activamente nas actividades e proxectos de formación, información, investigación e innovación que acorden.