I FORO SOBRE ESCLEROSE MÚLTIPLE EN GALICIA
AVANCES NA ESCLEROSE MÚLTIPLE E BALANCE DA SITUACIÓN ACTUAL
O vindeiro 31 de maio terá lugar en Santiago de Compostela o I Foro sobre Esclerose Múltiple en Galicia.
A Sociedade Galega de Neuroloxía en colaboración coa Federación Galega de Esclerose Múltiple, analiza a necesidade de establecer espazos de encontro e debate, para reflexionar e investigar sobre os avances nos últimos anos en canto a atención sociosanitaria precisa nas persoas afectadas de Esclerose múltiple.
Actualmente, os estudos conlevan a necesidade de promover tratamentos integrais da enfermidade, e camiñar cara programas de rehabilitación sociosanitarios, que complemente non so tratamentos farmacolóxicos. Tratamentos integrais que ofrezan unha maior calidade de vida ao longo do proceso da enfermidade, reducindo custes e dando resposta á necesidade de prevención e garantindo un futuro as persoas diagnosticadas de Esclerose múltiple que na súa maioría son persoas xóvenes en idade de traballar e cunha prevalencia superior de mulleres fronte a homes.
Ante esta realidade, a través de estes foros pretendemos responder a cuestións tanto das persoas afectadas como das e dos profesionais que interveñen nesta realidade.