a Federación Galega de Dano Cerebral porque necesitamos o teu voto para o proxecto ‘Redes de apoio e recursos ao Dano Cerabral Adquirido no rural galego’, finalista na XII Convocatoria de axuda a proxectos de apoio a pacientes de DKV Seguros.
O obxectivo do noso proxecto é promover a creación de novas redes de apoio e asociacións de familias de persoas con DCA en poboacións illadas do rural galego, sen acceso a recursos de atención especializados en DCA.
Para obter o financiamento necesario debemos ser o proxecto máis votado; por iso che pedimos a túa colaboración. Achegarnos o teu voto é moi sinxelo:
1º. Entra en http://tudecides.dkvseguros.com/Principal.aspx
2º. Busca a FEGADACE directamente, ou filtra na categoría APOYO A PACIENTES, e por colectivo DISCAPACIDAD, para atopar o proxecto
3º. Fai click en VOTAR. So é necesario que introduzas o teu número de DNI para apoiarnos.
Sería xenial se ademais de darnos o teu voto queres colaborar difundindo a nosa iniciativa. Fai click aquí para publicar en Twitter o teu apoio, ou comparte a información da nosa páxina web, Facebook e Twitter.
Moitísimas grazas, e un saúdo agarimoso!
FEGADACE. Federación Galega de Dano Cerebral
Irene Cancelas. Comunicación
Correo: comunicacion@fegadace.org
Teléfono: 654866967
www.fegadace.org