O vindeiro 14 de decembro celebrarase na aula Castelao da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela a última sesión do METODO CLÍNICO EN NEUROLOGIA. O horario de comezo do curso será ás 17:45.
Para esta última cita contaremos coa presenza do Dr. Francisco Quintana, Profesor Asociado de Neuroloxía no Departamento de Neuroloxía da Harvard Medical School en Boston e membro asociado do Broad Institute of MIT and Harvard e a Dra. Luisa Maria Villar, Xefe do Servizo de Inmunoloxía do Hospital Ramón e Cajal de Madrid.
O Profesor Quintana desenvolve a súa actividade profesional no Departamento de Neuroloxía do Centro de Enfermidades Neurolóxicas no Brigham and Women’ s Hospital e, desde Maio-2013 ten un grupo propio como Investigador no mesmo centro. O seu traballo céntrase na caracterización das vías de sinalización e dos mecanismos moleculares que controlan a actividade do sistema inmune co obxectivo último de identificar novos obxectivos terapéuticos e biomarcadores nas enfermidades autoinmunes. Nos últimos 10 anos realizou máis de 100 publicacións sobre diferentes temas inmunológicos sendo referente a nivel mundial.
A Dra. Luisa María Villar, é a xefe do servizo de neurología do hospital Ramón e Cajal de Madrid e autora de múltiples publicacións en neuroinmunología e en esclerose múltiple.
Aforo limitado