O 28 de setembro a Federación Galega de Dano Cerebral organiza en Santiago a Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido, dedicada á reflexión sobre ‘Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética’. Debaterase especialmente sobre barreiras na transmisión e recepción de información e sobre procesos de toma de decisión cunha selección de especialistas en psicoloxía, bioética, saúde, dereitos e comunicación.
No marco da Xornada tamén se vai facer entrega do 7º Premio FEGADACE – Miguel Blanco á Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais da USC.
Pode ser de interese para profesionais das diferentes disciplinas implicadas, dalgunha maneira, na rehabilitación e atención ao dano cerebral. A inscripción é gratuíta e pode facerse dende a seguinte ligazón: inscripción a xornada sobre o dano cerebral adquirido.