Recentemente tivo lugar o III Encontro Internacional de Investigación en ELA organizado pola Fundación Luzón e a Fundación Ramón Areces, un evento coordinado por Mónica Povedano, neuróloga responsable da Unidade de ELA do Hospital de Bellvitge no que un grupo de expertos investigadores deron a coñecer os últimos avances para combatir a Esclerosis Lateral Amiotrófica.
Os estudos mais recentes sobre esta enfermidade neurodexenerativa que causa hoxe 3 mortes ó día en España, poñen de manifesto que a ELA é unha enfermidade de enfermidades, heteroxénea e variable en cada paciente. Neste contexto os marcadores metabólicos están xogando un papel fundamental.